Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0156
Clasificación Genérica 02.Manufactura téxtil; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento roda de fiar
Tipología/Estado roda de dobre correa de transmisión
Materia/Soporte metal
óso
madeira
Dimensiones Alto = 47 cm; Ancho = 31,50 cm; Profundidade = 31,50 cm
Descripción As diferentes partes da roda dispoñense en columna, sobre unha base rectangular.
Consiste nun sistema de tres rodas, movidas por unha única correa que transmite o movimento de xiro.
A roda principal ou volante está fixa sobre un eixe metálico conectado a unha manivela. Dous pés verticais soportan o eixe para que o volante xire libremente. A manivela ten alma de metal (ferro), e cuberta do mango de oso.
A chave do sistema é o conxunto de bobina/ peine coas súas respectivas poleas, e eixe do peine .O peine é unha peza de metal en forma de ´U´, cos bordes recortados a modo de dentes. Cada brazo ten un ollal. A bobina é unha peza en forma de fuso; ten nun extremo un orificio que a atravesa , e no outro a súa propia polea. O eixe é metálico; nun extremo ten un orificio de sección cadrada.
No extremo oposto atópase a polea do peine. A polea da bobina e a polea do peine están unha a carón da outra.
O peine e a polea do peine están fixos sobre o eixe. A bobina coa sua polea, pola contra, xira libremente. Por tanto, bobina e peine xiran independentemente.
Dúas barras horizontais soportan este conxunto.
Outra barra horizontal sustenta este sistema sobre os pés do volante; un parafuso de madeira regular a tensión da correa de transmisión.
Uso/función Textil: Proceso de transformación: O fío: Fiado a) Montaxe da máquina: A correa de transmisión: Unha única correa de transmisión de lonxitude suficiente, dobrada en forma de 8, pasa polo volante e polas poleas de peine e bobina. Para regular a tensión da correa, a altura do conxunto bobina/peine é regulable por medio do parafuso. b) Enfiado: As fibras deben seguir este percorrido: Pasarán polo orifico do eixe, e a continuación polo ollal do eixe. Probalemente a continuación polo ollal de un dos brazos do peine. Seguidamente pasarán por algún/s do/s dente/s de iun dos brazos do peine, para ir dar ó orificio da bobina, onde se fixan cunha lazada. c) Funcionamento: A/O usuaria/o debe manter tensas as fibras que entran na bobina, controlando o proceso de torsión. Simultáneamente, mantén en marcha a máquina accionando o volante coa manivela. A correa transmite o movimento tanto ó peine como á bobina. Os diferentes diámetros das súas respectivas poleas determinan que as velocidades de xiro destes dous elementos son levemente diferentes. O peine é o responsable de aplicarlle as torsións ó fío, en tanto que a bobina, por tracción, envolve as fibras.
Lugar de Procedencia Monforte de Lemos (Terra de Lemos (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Monforte de Lemos
Historia del Objeto ´Unha de fíos: Liño, lá e seda´ Albino Quinteiro: Consellería de Industria: Soc. Desv. Comarcal de Galicia
Bibliografía LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. Páxina 636.
Catalogación Fernández Bal, María Luisa
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6